Sectores

Data de inicio para o persoal de apoio á campaña de verán de alto risco


A Consellería do Medio Rural ven ce comunicar, ás Organizacións Sindicais, a resolución do D.X de Defensa do Monte pola cal que se establece a data de inicio para o persoal de apoio á campaña de verán de alto risco para o vindeiro 10 de maio de 2021, por medio da seguinte solicitude da DX de Defensa do Monte á Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

Asunto: Solicitude de inicio de actividade do persoal laboral fixo-descontinuo de seis (6) meses. Anualidade 2021

 

O PLADIGA vixente establece as épocas de perigo alto, medio e baixo de incendio forestal. A época de perigo medio comprende, con carácter xeral, os meses de febreiro, marzo, abril, maio, xuño e outubro, e na dita época os medios de detección e extinción permanecerán en alerta cun despregue reducido. A época de perigo alto, na que o despregue dos medios de extinción e alerta deben ser máximos, comprende os meses de xullo, agosto e setembro con carácter xeral e un período adicional de aproximadamente un mes en función das condicións meteorolóxicas e de risco.

 

Diste xeito, e en base á necesidade de incorporación de efectivos para realizar traballos de prevención e de extinción de incendios forestais, a Dirección Xeral de Defensa do Monte

 

SOLICITA

O inicio da actividade do persoal laboral fixo-descontinuo de 6 meses, con data do 10 de maio de 2021.

 

 

Santiago de Compostela, na data da sinatura dixital

O director xeral de Defensa do Monte

Manuel Rodríguez Vázquez

 

 

SECRETARIA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.