Sectores

CXT 2020-2021


 

Publicada a ORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación.

 

Prazos:

  

Presentación de solicitudes: do 5 ao 26 de novembro ambos incluídos.

Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

  

Procedemento:

  1. A solicitude cubriráse a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no enderezo www.edu.xunta.es/cxt

  2. As solicitudes presentaranse dirixiradas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación por algún destes medios:

    1. No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

    2. Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

    3. Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

    4. En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Outra información relevante:

  • Para acceder ás prazas dos centros plurilingües o profesorado das especialidades co-rrespondentes deberá acreditar, como mínimo, o nivel B2 do Marco común europeo da lingua correspondente.

  • Todos os requisitos de participación así como os méritos alegados teñen que reunirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

  • Cando se concurse por máis dunha especialidade, ou se soliciten prazas de diferentes administracións educativas, o persoal concursante presentará unha única solicitude.

  • No suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha solicitude por cada corpo que se participa.