Sectores

Cursos gratuítos de lingua galega preparatorias das probas CELGA


Publicada hoxe en DOG a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

OS CURSOS CONVÓCANSE NAS MODALIDADES

  • Presencial relacionados no anexo II (niveis Celga 3 e 4)
  • En liña relacionados no anexo III (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).

PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

SOLICITUDES E PRAZO

  • Prazo para presentar as solicitudes
    • 15 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
  • Solicitudes:
    • Cursos presenciais:
      • Cubrir o formulario de solicitude, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal
      • As solicitudes presentaranse:
        • Preferiblemente: vía electrónica a través do formulario dispoñible: https://sede.xunta.gal
        • Opcionalmente: en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
      • Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
    • Cursos en liña:
      • cubrir o formulario de solicitude,que se publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Formularios de solicitude dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal
      • Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
      • Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Enlace á publicación:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0598-220121-0001_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.