Curso: Prevención de Riscos Laborais, actuación e plans de autoprotección para centros educativos

Datas: Do 9 ao 30 de outubro.

Duración: 31 horas.

Modalidade: en liña.

Gratis.

Os obxectivos xerais que perseguemos con este curso, son os seguintes:

  • Realizar unha valoración da seguridade e a saúde laboral tanto a nivel xeral como na poboación infantil en concreto.
  • Proporcionar a información necesaria en relación a diversos riscos comúns que poden estar presentes nos centros educativos.
  • Coñecer os principais factores relacionados coa prevención de determinados riscos presentes nun centro educativo.
  • Tomar conciencia da importancia da prevención de riscos nos centros escolares.

Cada curso terá unha duración de 31 horas e o programa que se levará a cabo será o seguinte:

  • Módulo 1. Seguridade e saúde laboral no ensino
  • Módulo 2. Riscos comúns no centro educativo
  • Módulo 3. Prevención de riscos máis comúns
  • Módulo 4. Accións fundamentais ante accidentes e urxencias en centros educativos.
  • Módulo 5. Elaboración dun plan de auto protección escolar.

Accede ao formulario de inscrición

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.