Curso: O ensino do español na AEE

Curso gratuíto.

Datas: Do 1 ao 22 de outubro de 2024.

Duración: 30 horas.

Modalidade formativa: en liña.

Os obxectivos xerais que perseguemos con este curso, son os seguintes:

  • Coñecer a estrutura da Acción Educativa no Exterior.
  • Coñecer o ensino do español nos distintos programas no exterior.
  • Presentar documentación e información en diferentes soportes.
  • Integrar a interculturalidade nas clases de español.
  • Integrar os contidos en tarefas interdiciplinares nun proxecto.
  • Traballar a partir do deseño universal de aprendizaxe.
  • Aplicar a IA á aula de español.

Contidos:

  • Tipos de centros no exterior e o ensino da lingua española.
  • Distintos soportes para presentar a información na aula de ELE.
  • Traballo a partir do deseño universal de aprendizaxe.
  • Aplicación da IA na aula de español.
  • Traballo coa interculturalidade na aula de español adaptada a situación de aprendizaxe.
  • Integración dos proxectos na aula de español.

Accede ao formulario de inscrición.

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.