Dentro do Plan de Formación de UGT Confederal (N230003AA) para o Diálogo Social e a Negociación Colectiva, e co obxecto de dotarnos de ferramentas para o mellor desempeño das nosas funcións, anunciámosvos que realizaremos un novo curso formativo de “Prevención de Riscos laborais. Nivel básico”, en modalidade Telemática, cuxo contido será:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos e a súa prevención no sector establecido.
- Elementos básicos de xestión da prevención.
- Primeiros auxilios.
A data de inicio é o 6 de novembro 2023 cun total de 50 horas.
Previa inscrición, enviarase o calendario do curso e o acceso á plataforma.
O prazo de inscrición finaliza o día 30 de outubro de 2023.