FeSP-UGT organiza en Santiago un curso gratuíto e homologado para saber como reaccionar ante unha emerxencia sanitaria no teu centro.
- Para xestionar da mellor maneira as emerxencias que se poidan producir no teu centro de ensino.
- Para saber como debes actuar ante situacións de gravidade.
- Para ofrecer con seguridade os primeiros coidados.
Se queres estar preparad@ para afrontar estas situacións, FeSP-UGT convídate ás xornadas formativas do próximo 23 e 24 de abril na nosa sede de Santiago.
Atoparás todos os detalles e o formulario de inscrición no arquivo adxunto.