Sectores

O vindeiro 25 de xuño, vaise aprobar a suba salarial recollida no Acordo Marco para unha administración do Século XXI, asinado por UGT: CUMPRIDO!!!

As empregadas e empregados públicos terán a suba salarial para 2024, 2,5% con carácter retroactivo dende xaneiro.

O Consello de Ministros e Ministras do próximo martes día 25, aprobará a suba salarial recollida no Acordo Marco para unha administración do Século XXI, asinado por UGT e CCOO e o Goberno de España.

Aínda que tarde, dáse un paso máis no cumprimento do Acordo.

Nestes momentos estamos a negociar a xubilación parcial do persoal funcionario e estatutario e traballamos para que se poida pechar o acordo antes do verán.

Con UGT, CERTEZAS, outros o reclaman non sendo asinantes do Acordo.

Unha vez aprobado e publicado en BOE, UGT reclamará a súa aplicación, de forma inmediata, na Xunta de Galicia

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.