
Baixo o lema “Negociación, subida salarial e mellora dos servizos públicos”, as organizacións sindicais comezan así un calendario de mobilizacións que continuarán cunha grande manifestación nacional e folga xeral se Función Pública segue bloqueando a negociación.
A convocatoria do 30 de outubro consistirá en concentracións simultáneas fronte á delegación do Goberno da Coruña e das subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra, coincidindo con outras accións semellantes en todo o territorio nacional. As tres organizacións
sindicais fan un chamamento a todos os empregados públicos para participar masivamente, inistindo en que esta será a primeira fase dun plan de mobilización que poderá incluír unha grande manifestación en Madrid e unha folga xeral en caso de que non se acade un acordo
satisfactorio.
Entre as principais demandas destacan:
- Acordo salarial plurianual para recuperar o poder adquisitivo perdido desde 2010.
- Cláusula de revisión salarial automática, vinculada á inflación e a outros incrementos pactados.
- Plan de reforzo de plantillas para poñer fin á escaseza de persoal e reducir a temporalidade abusiva.
- Mellora das condicións laborais, incluíndo xubilación, equiparación salarial e modernización do marco laboral do sector público.
 
								 
											 
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                      
 
				