CRONOLOXÍA PUBLICACIÓNS DOG MES DE XULLO
A DXEPAP informa das previsións de publicación en DOG no mes de xullo
Información concursos de traslados
Nº concurso | Concurso traslados | Publicación DOG |
F0124 | Escalas do Servizo de Gardacostas | Adxudicación postos 14/07/2025 |
F0324 | Escala Enxeñarías- Ciencias – Arquitecturas (*) | Adxudicación postos 11/07/2025 |
F0125 | Profesores/as e mestres/as Institutos marítimo-pesqueiros | Baremo PROV 14/07/2025 |
F0325 | Escala Persoal Veterinario | Convocatoria 09/07/2025 |
F0425 | Escalas Laboratorio, mantemento, limpeza, cociña, recursos naturais | Convocatoria 16/07/2025 |
F0525 | Escalas Persoal Facultativo | Convocatoria Segunda quincena xullo |
(*) Concurso enxeñerías, ciencias, arquitecturas F0324
Publicación progresiva das resolucións de elección de destino, comenzando por A1 enxeñería Montes e, posteriormente A2 enxeñería Forestal e as restantes escalas do concurso.
Unha única resolución na que se indicará a data de cese e prazos para a toma de posesión.
Validación de méritos relativos a persoas inscritas en concursos convocados ou pendentes de convocar
Unha vez rematado o prazo de inscrición dos concursos, antes da apertura do prazo de acreditación de méritos e selección de postos, validaranse os méritos acreditados das persoas inscritas que están pendentes de validación.
Procesos selectivos persoal SPDCIF
Modificación da data de realización do primeiro exercicio dos procesos selectivos de persoal laboral SPDCIF, este exercicio realizarase o 28/02/2026. Esta modificación do calendario de procesos selectivos informouse no consello da Xunta do 07/07/2025.
Grupo/ Categoría | Denominación | Convocatoria DOG | Prazas convocadas | Data 1º exercicio |
III. 100 | Bombeiro/a forestal. Xefe/a de brigada | Última semana agosto | 71 | 28/02/2026 |
V. 14 | Bombeiro/a forestal | Última semana agosto | 181 | 28/02/2026 |
V. 14 A | Bombeiro/a forestal. Condutor/a | Última semana agosto | 75 | 28/02/2026 |
Procesos selectivos das escalas técnica e auxiliar de cociña e da escala auxiilar de coidadores cuxa convocatoria publicouse no DOG do 30/06/2025.
No DOG do 14/07/2025 publicarase unha modificación da convocatoria dos procesos selectivos das escalas técnica e auxiliar de cociña e da escala auxiliar de coidadores para incluír no apartado II.1.1.1 Primeiro exercicio o parágrafo que se indica a continuación:
Proceso selectivo subgrupo C1 escala técnica cociña
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta e cinco (65) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva
Procesos selectivos subgrupo C2 escala auxiliar de cociña e escala auxiliar de coidadores
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta (60) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva.