O vindeiro 19 de xaneiro de 2026 estamos convocadas/os a Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público, respectivamente, co obxecto de tratar os seguintes asuntos:
MESA XERAL DE PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO
Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.
Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal) e 14A (Bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.
MESA SECTORIAL PERSOAL FUNCIONARIO PÚBLICO
Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso polo quenda de acceso libre e promocion interna no no corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade Bombeiro forestal Xefe de brigada
Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso polo quenda de acceso libre e promocion interna no no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade Bombeiro forestal.
Proposta de Modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística.
Proposta de Modificación da RPT da Consellería do Mar.
