Hoxe publícase en DOG a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).
Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar:
- Nos meses de maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
As datas concretas serán debidamente publicadas:
- En DOG
- Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal)
Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As sedes e horarios para a realización das probas e listaxes definitivas das persoas admitidas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:
Presentación de solicitudes e prazo.
- Si queres inscribirte nas probas Celga deberás:
- Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I
- Aboar a taxa
- No formulario de solicitude deberás indicar a proba ou as probas ás cales solicitas presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As solicitudes presentaranse:
- Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame:
- 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte
CURSOS PREPARATORIOS:
A Secretaría Xeral Política Lingüística puxo en marcha dous novos cursos de autoaprendizaxe en liña para preparar o Celga 2 e o Celga 4
Desde hai un ano, ofrécese un curso de autoaprendizaxe en liña do Celga 1, no que ata o de agora se inscribiron máis de 3.000 persoas. Agora a Xunta presenta neste mesmo formato novos cursos de Celga 2 e Celga 4 nos que estivo a traballar, en colaboración cun equipo de especialistas en formación e ensino da lingua galega e mais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Para inscribirse nestes cursos, que estarán dispoñibles a partir do día 21 deste mes de marzo, si estás interesado/a debes acceder á Plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Portal da Lingua Galega. O número de prazas é ilimitado.
https://formacion-lingua.xunta.gal/
Descarga o UGT INFORMA-T