O vindeiro 14 de Abril de 2026 fomos convocadas/os á Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (10.00 h) e Mesa Xeral de Persoal Empregado Público (10.30 h) co obxecto de tratar os seguintes asuntos:
MESA SECTORIAL DE PERSOAL FUNCIONARIO PÚBLICO
Proposta de modificación da RPT da consellería de Facenda e Administración Pública
MESA XERAL DE PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO
Proposta de Anteproxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 37/2006 do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia
