Sectores

Convocatoria Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos (1/02/2024)

O vindeiro xoves 1 de febreiro estamos convocadas/os á Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos co obxecto de debater os seguintes asuntos:

Proposta modificación da RPT da Consellería de Política Social e Xuventude

Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (SGG).

Aquí poderás atopar toda a información que nos foi remitida desde a Dirección Xeral da Función Pública:

Proposta modificación da RPT da Consellería de Política Social e Xuventude

Proposta de Resolución concurso ordinario escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Xunta de Galicia

Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (SGG)

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.