Sectores

Publicación convocatoria Procesos Selectivos Extraordinarios en Entes Instrumentais


Publicados hoxe en DOG os seguintes anuncios de convocatoria dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:

AUGAS DE GALICIA:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección, na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a, e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a.

Bases das convocatorias: https://augasdegalicia.xunta.gal

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023, incluído.

AGADER:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso. Categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV.

Bases das convocatorias: https://www.agader.xunta.gal

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023.

AXEGA:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría 2 do grupo III e na categoría 1 do grupo IV de persoal laboral.

Bases das convocatorias: https://www.axega112.gal

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023

GAIN:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, categoría 4, no grupo II, categoría 7, e no grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo.

Bases das convocatorias: http://gain.xunta.gal

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023, incluído.

ATURGA:

Proceso por sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías seguintes: grupo I (1 profesor/a de hixiene, dietética e nutrición), grupo II (1 profesor/a do departamento de servizos).

Proceso por sistema de concurso: Grupo III, categoría 62 (1 consultor/a do Departamento de Consultoría e Formación, 1 auxiliar da Oficina de Turismo da Coruña, 1 administrativo/a do Departamento de Administración, 1 oficial administrativo de primeira), Grupo I, categoría 004 (7 titulado/a superior), Grupo II, categoría 007 (1 titulado/a grao medio).

Bases das convocatorias: https://www.turismo.gal/espazo-institucional

Prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do 9 de xaneiro de 2023.

INEGA:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III.

Bases das convocatorias: https://www.inega.gal

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023, incluído.

IGAPE:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio do persoal laboral fixo.

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo

Bases da convocatoria: https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023.

SEAGA:

Convocatoria dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, mediante os sistemas de concurso e concurso-oposición, para o ingreso en diversas categorías profesionais da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

Bases das convocatorias: www.epseaga.com.

GALARIA:

Convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021,pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico/a superior laboratorio non sanitario.

Bases da convocatoria: www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/Galaria)

Prazo de solicitudes: 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

CESGA:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III de persoal laboral fixo, nesta entidade instrumental do sector público.

Bases da convocatoria: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023.

CETECA:

Convocatoria de procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal e de persoal laboral fixo.

Bases das convocatorias: www.ceteca.net.

Os prazos de presentación de solicitudes serán:

  • – Procesos selectivos para contratación de persoal laboral temporal: 10 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Procesos selectivos para contratación de persoal laboral fixo: 20 días hábiles, que se contarán a partir do día 16 de xaneiro de 2023.

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

Bases da convocatoria: https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal

FUNDACIÓN DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DA ESTRADA

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na seguinte categoría, grupo I, tesoureiro/a e na categoría grupo III, administrativo/a.

Bases da convocatoria: www.feiradomoble.gal

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023.

FUNDACIÓN DO INSTITUTO FEIRAL DA CORUÑA-IFECO

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías grupo III, asistente de dirección, e grupo III, técnico/a de mantemento.

Bases da convocatoria: www.expocoruna.com

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023.

FUNDACIÓN FEIRAS E EXPOSICIÓNS DE LUGO

Concurso público para a cobertura de dúas prazas de persoal laboral: Encargado/a de mantemento, Secretaria.

Bases das convocatorias: www.pfclugo.com

Prazo de solicitudes: finalizará aos quince días naturais seguintes ao da data da súa publicación.

FUNGA:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos grupos II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo.

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II, III, categoría 62, e IV de persoal laboral fixo.

Bases das convocatorias: https://www.funga.org

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles, contados a partir das 00.00 horas do día 16 de xaneiro de 2023.

FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías de adxunto/a de laboratorio e técnico/a especialista de investigación.

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de laboratorio, xefe/a laboratorio, adxunto/a de laboratorio, ATS/DUE, bioinformático/a, biotecnólogo/a, investigador/a asociado/a (grupo I.2), investigador/a colaborador/a e técnico/a especialista de investigación.

Bases das convocatorias: www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/

FP Galega de Medicina Xenómica)

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas seguintes categorías: Diplomado/a en Biblioteconomía Grupo II 1 praza, Administrativo/a Grupo III 1 praza, Monitor/a Grupo III 2 prazas.

Bases das convocatorias:  http://www.ceida.org.

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles que se contarán a partir do 30 de xaneiro de 2023.

CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A.

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías do persoal.

Bases das convocatorias: https://www.crtvg.es

Prazo de solicitudes: abrirase o día 1 de febreiro do 2023 e terá unha duración de 20 días hábiles.

GALICIA CALIDADE, S.A.

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o  ingreso como persoal laboral fixo.

Bases das convocatorias: https://www.galiciacalidade.gal/GL/content/lei-de-transparencia

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles, que se contarán a partir do día 30 de xaneiro de 2023.

RETEGAL:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o  Ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo, da categoría oficial de comunicacións/auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

Bases das convocatorias: www.retegal.gal

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles contados a partir do 16 de xaneiro de 2023.

XESTUR, S.A:

Quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías desta entidade instrumental do sector público autonómico.

Bases das convocatorias: www.xesturgalicia.com

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles contados desde o día 16 de xaneiro de 2023.

 

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.