Sectores

Convocatoria dun novo Grao Extraordinario de Carreira de Persoal Funcionario e Complemento de Desempeño de Persoal Laboral

O día 30 de decembro de 2024 recibimos a proposta para proceder á convocatorias dun novo grao extraordinario de carreira de persoal funcionario e complemento de desempeño de persoal laboral da AXXG.

Principais características das propostas:

  • Os efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, cumpríndose co acordado con estes sindicatos.
  • A proposta e idéntica para persoal funcionario e laboral, outra das premisas do acordado.
  • As contías se actualizan dende o ano 2019 tal e como se acordou coa Xunta, polo que levan  acumulado un 9,8% de incremento, o igual que o resto de retribucións, e está pendente un 0´5% de atrasos dende xaneiro de 2024, incrementos acordados por UGT-SP e CCOO a nivel estatal.
  • Requisitos e méritos iguais para os graos extraordinarios I e II, que se convocarán de novo toda vez que non está regulada a carreira ordinaria, CCOO e UGT-SP defendemos que mentres no teñamos carreira ordinaria debe continuar a carreira extraordinaria e non producirse baleiros, deixando persoal polo camiño.
  • Requisitos para os graos extraordinarios respectan o acordado, pero incrementan os méritos, dende o noso punto de vista, desproporcionadamente, xa que en formación son 40 horas grao I e 80 grao II, suben a 180 horas en grao III.
  • Catro anualidades para percibir a contía íntegra do grao correspondente, I, II ou III. UGT-SP e CCOO entendemos que houbo outras convocatorias onde as anualidades mínimas foron dous anos e as máximas tres anos, e polo tanto é inaceptable, aínda que se xustifique na reapertura do grao I e II extraordinario.

Dende unha análise mais detida das dúas propostas recibidas, e tendo en conta as aportacións que nos queirades facer chegar, faremos unha contraproposta en tempo e forma.

Consulta as propostas nos seguintes enlaces:

Seguiremos informando e traballando para avanzar e dereitos, salarios e emprego.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.