Convocatoria 2022-2023 de axudas para a realización de estancias profesionais en centros educativos de Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Italia, Irlanda, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, para docentes que presten os seus servizos en centros educativos públicos españois. As estancias profesionais son visitas de estudo e observación nas que un centro europeo acolle ao docente español durante un período de dúas semanas.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 24 de marzo de 2022 ata o 12 de abril de 2022
Destinatarios
Funcionarios/ as de carreira dos corpos de Mestres/ as de Educación Infantil e Primaria, Profesorado de Ensino Secundario, Catedráticos/ as de Ensino Secundario, Profesorado de Escolas Oficiais de Idiomas, Catedráticos/ as de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesorado Técnico de Formación Profesional, Profesorado de Música e Artes Escénicas e Profesorado de Artes Plásticas e Deseño.
Número de prazas
117 estancias distribuídas entre os distintos países que se indican na convocatoria e que se realizarán entre os meses de novembro de 2022 e agosto de 2023, ambos inclusive.
Requisitos
Ser funcionario/a de carreira dos corpos docentes dos ensinos regulados pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, en servizo activo ou en excedencia por coidado de familiares, por violencia de xénero ou por violencia terrorista.
Estar a impartir docencia directa nun centro español no momento de presentar a solicitude de participación nesta convocatoria, salvo nos casos de excedencia mencionados no punto anterior.
Acreditar un nivel B2 do idioma do país solicitado.
Non serlle concedida unha axuda para a realización dunha estancia profesional nas catro últimas convocatorias deste programa ou sufrir a cancelación da súa estancia profesional na convocatoria 2019/2020 e/ou 2021/2022 por mor da pandemia por Covid-19 e/ou por causa de forza maior.
Estar ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
Dotación
1.300 € previa xustificación da realización da estancia. A esta dotación aplicaranse as retencións correspondentes.