Publicada hoxe en DOG a Resolución da AMTEGA, pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación.
EDICIÓN
Convócase unha edición de probas de certificación presencial, que se desenvolverán de acordo co calendario do Anexo II da resolución. Os días da súa realización son 2, 3 e 4 de abril.
ITINERARIO FORMATIVO
Para a preparacion das probas de tedes á disposición, como material de apoio, o programa de autoformación (itinerario formativo con 7 cursos):
CURSO |
Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais. |
ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital. |
ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar. |
ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar |
ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica. |
ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia |
ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño» |
O acceso aos contidos está dispoñible permanentemente na plataforma de teleformación:
https://formacion-cemit.xunta.gal
O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN E PRAZO DE INSCRICIÓN:
- Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, inscritas como usuarias da rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.
- Previo á inscrición nas probas hai que darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT en:
https://aulascemit.xunta.es/usuarios.
- Prazo de solicitudes: do 22/02/25 a 28/02/25
- Só se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante.