Convocatoria de cursos de Lingua Galega preparatorios das probas para obter os certificados de Lingua Galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Publicada o 11 de febreiro RESOLUCIÓN da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Persoas destinatarias

Maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente.

Solicitudes, proba previa de nivel e prazo de inscrición

Solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal

Ao seleccionar a persoa interesada aquel no cal desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. Só haberá un intento por cada nivel. Se o resultado da proba é apto, este actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día 12 de febreiro de 2026

O máis lido

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.