ORDE do 16 de maio de 2024 pola que se convoca o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente.
- O prazo de presentación de solicitudes: desde o día 28 de maio ata o día 10 de xuño de 2024, ambos incluídos.
- Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal no enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude así como a folla de autobaremación que consta na sede electrónica no procedemento normalizado ED013B.