Sectores

Convocatoria de cobertura temporal de postos. Xefatura territorial de Política Social. Lugo


A Xefatura Territorial de Lugo, remitiu hoxe ás Organizacións Sindicais, as bases de selección para a cobertura temporal de postos, de distintos centros, toda vez que se acudiu a Listas e non foi posible a súa cobertura, polo que se procedeu á petición de candidatos ás Oficinas de Emprego correspondentes e a súa convocatoria pública.

 

As convocatorias usarase para a cobertura de ausencias nos ditos centros ata o 30/09/2022, no caso de convocatoria de As Gándaras, utilizarse para a cobertura no ámbito de Lugo (As Gándaras e A Milagrosa).

 

Convocatoria para a cobertura temporal de postos de traballo do corpo de auxiliares de carácter técnico da administración especial, escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2) na Residencia de Maiores das Gándaras, por ausencia das persoas titulares:

Datas:

Do 02/07/2022 ao 07/07/2022

Do 06/07/2022 ao 09/07/2022 (fin de semana)

 

Convocatoria para a cobertura temporal de postos de traballo de camareiro/a­limpador/a no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria por vacacións dos/as titulares.

Datas:

01/07/2022 ao 18/07/2022

04/07/2022 ao 15/07/2022

06/07/2022 ao 18/07/2022

 

Convocatoria para a cobertura temporal de postos de traballo do corpo de auxiliares de carácter técnico da administración especial, escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2) no CAP de Sarria por ausencia dos/as titulares.

Datas:

Do 29/06/2022 ao 02/07/2022 (fin de semana)

IT a partir do 29/06/2022

05/07/2022 ao 28/08/2022

05/07/2022 ao 03/08/2022

07/07/2022 ao 14/08/2022

09/07/2022 ao 31/07/2022

09/07/2022 ao 28/08/2022

 

Os requisitos das distintas convocatorias o modelo de solicitude e a documentación a achegar, están á vosa disposición na sede de UGT ou Seccións Sindicais, ponte en contacto coa túa delegada si estás interesada/o.

 

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.