O Ministerio de Educación vén de publicar no BOE as convocatorias do concurso de docentes e do concurso de asesores na acción educativa no exterior.
O prazo para presentar solicitudes en calquera das dúas convocatorias é de 15 días hábiles que comezan mañá 10 de novembro.
Se tes algunha dúbida ou precisas axuda podes contactarnos a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org
Tamén podes consultar nos documentos adxuntos o noso boletín informativo con toda a información sobre as convocatorias da acción educativa no exterior.