Sectores

Convocado concurso de méritos específico para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente


Acaba de publicarse a Resolución do 13 de maio de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente. O prazo para presentar solicitudes comprende desde o día 16 de maio ata o 23 de maio ambos incluídos.

Se tes algunha dúbida ou precisas axuda  podes contactarnos a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.