Veñen de convocarse máis de 800 prazas de auxiliares de conversa de nacionalidade española para traballar no estranxeiro.
O prazo para inscribirse é de 15 días hábiles e comeza este 7 de decembro.
Se estás a piques de rematar a túa titulación ou a remataches despois do 2016 pódeche interesar participar!
Este programa que ofréceche unha estadía de outubro do 2022 a maio do 2023 en países como Alemania, Australia, Canadá, Bélgica, Francia ou Portugal, entre outros, a cambio dunha compensación económica.
Se te seleccionan, deberás exercer funcións de axudante en práctica de conversación en castelán, baixo a dirección dun profesor titular, durante un mínimo de doce e un máximo de vinte horas semanais dependendo de cada país.
Aínda non sabes se é para ti? Aquí obterás resposta ás preguntas máis frecuentes.