O ministerio convocou este ano 528 prazas en cursos de formación do profesorado. Poderanse solicitar ata o 02/06/2022
Velaquí os cursos programados:
Semana do 4 ao 8 de xullo
Cádiz: «Competencias digitales para un uso seguro y responsable de internet
Mérida: «El camino hacia la sostenibilidad en los centros educativos
Pontevedra: «Didáctica de proximidad en infantil: la fuerza de lo cercano
Santa Cruz de Tenerife: «Acércate al cosmos
Santander: «Industria 4.0. Visión de la Empresa
Valencia: «Metodologías activas para el desarrollo de las competencias clave
Semana do 11 ó 15 de xullo
Cádiz: «Otra educación es posible en el aula de música
Mérida: «Educación afectivo-sexual»
Pontevedra: «El arte como recurso educativo
Santa Cruz de Tenerife: «Formación Profesional: nuevas apuestas
Santander: «Avanzando hacia la inclusión en el aula»
Valencia: «Curiosidad, asombro y emoción: educación STEAM
Os cursos teñen unha duración de 60 horas, distribuídas en dúas fases:
- Unha presencial, de 30 horas, que se desenvolve durante unha semana de xullo nas cidades de Cádiz, Mérida, Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife, Santander e Valencia.
- Outra en rede, de 30 horas, para a posta en práctica na aula, que se desenvolve entre os meses de setembro e decembro de 2022.
Requisitos:
- Ser funcionario/a docente de ensinos regulados pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, en servizo activo ou en excedencia por coidado de familiares, por violencia de xénero ou por violencia terrorista, ou estar a impartir ensinos regulados pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, nun centro sostido con fondos públicos.
- Non incumprir algunha das obrigacións establecidas para as persoas beneficiarias no caso de serlle concedida unha praza nas dúas últimas convocatorias.
- Requisitos específicos: pertencer ao grupo ao que vai dirixido o curso que se solicita.
Accede a toda información na convocatoria.