Dende a Dirección Xeral de Función Pública convócannos á xuntanza de Mesa Xeral de Empregados Públicos ordinaria que terá lugar o vindeiro 17 de novembro.
Orde do día:
- Lectura e aprobación se procede das actas correspondentes a sesións anteriores.
- Proposta de acordo polo que se actualizan os importes das axudas de custo por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular para o persoal empregado público da Xunta de Galicia.
- Proposta de orde pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia de Calidade Alimentaria de Galicia procedente do suprimido Instituto Galego de Calidade Alimentaria.
- Rogos e preguntas.
Documentación achegada: