No marco da negociación do XVI convenio da Discapacidade, despois de celebrar 6 reunións de mediación na sede do SIMA e numerosas reunións da comisión negociadora, acordouse unha proposta por case todas as patronais e as organizacións sindicais, entre elas, UGT SP.
A proposta do órgano de mediación, en liñas xerais, afecta aos ámbitos da negociación de acordos autonómicos, ás actualizacións salariais e complementos, ao aumento do importe do kilometraxe, ás excedencias e licenzas sin soldo e ás ausencias xustificadas.
Destacar a actualización do salario base nun 10% a 1 de xaneiro de 2025, manténdose o N1 e o N2 ao 9,2% e 7,2 % do salario base actualizado. No 2026 e 2027 o incremento será do 1,5% do salario base e o compromiso do N3 para o 2028 do 2,75%.
Aínda que as medidas sociais non son as desexadas e o sector precisa melloras substanciais e avances máis significativos, hai que ter en conta as dificultades da negociación e os períodos de estancamento previos á actual proposta do SIMA. Así, UGT SP acepta a proposta do órgano de mediación, xa que valora moi positivamente a posibilidade da negociación de acordos autonómicos e a incorporación do N3, medidas reivindicadas polo noso sindicato na mesa de negociación.