Recentemente asinamos un convenio de colaboración entre UGT Servizos Públicos e  “C.T.O. HACIENDA CURSOS Y OPOSICIONES S.L.”. Polo mesmo, as nosas afiliadas, afiliados e familiares destes ata o 2º grao de afinidade terán un desconto do 20% na matriculación dos cursos para a preparación de oposicións de acceso dos seguintes corpos:

  • Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado.
  • Corpo Superior de Xestión Catastral.
  • Corpo de Enxeñeiro de Montes da Facenda Pública.
  • Corpo de Arquitectos da Facenda Pública.
  • Corpo Técnico de Facenda.
  • Corpo Técnico de Xestión Catastral.
  • Corpo de Enxeñeiro Técnico Forestal.
  • Corpo de Arquitectos Técnicos da Facenda Pública.
  • Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado.
  • Corpo Xeral Administrativo da Administración da Estado – Especialidade de Axentes de Facenda Pública.

Para beneficiarse dos descontos, terás que remitir un correo electrónico a oposiciones.hacienda@grupocto.com ou chamar ao teléfono 917 824 342 indicando que eres afiliado/a ou familiar de afiliado/a xunto cos datos da oposición elixida*.

CTO contactará contigo, e che indicará a documentación para achegar e os pasos a seguir para completar o proceso de matriculación.

Podes ampliar a información na seguinte ligazón:

https://grupocto.es/

 

(*) De entre as que se atopan descritas anteriormente.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.