Informámosche que recentemente asinamos un convenio de colaboración entre UGT-Servizos Públicos e Opositatest. Polo mesmo, as nosas afiliadas e afiliados terán un desconto do 25% para subscribirse aos servizos que proporciona dita entidade a través da súa plataforma en liña ou aplicación www.opositatest.com.
Para beneficiarte dos descontos, terás que remitir ao correo electrónico ayuda@opositatest.com a copia dalgún documento acreditativo da túa afiliación (certificado de afiliación*, documento de pago, etc.), xunto cos datos da oposición elixida** e eles contactarán contigo para darche as indicacións oportunas para realizar o proceso de matriculación.
(*) Solicítao na túa Federación de Comunidade Autónoma. (**) Consulta a páxina antes, xa que en ocasións ten ofertas que inclúen os test de máis dunha oposición.