Sectores

No día de hoxe asinouse o 2º convenio colectivo estatal de acción e intervención social (2022, 2023 e 2024)


Despois de catro anos de negociación interrompida pola pandemia, hoxe asinouse o 2º Convenio Colectivo de Acción e Intervención social (2022, 2023 e 2024), que afecta a máis de 200.000 traballadores e do que resaltamos as seguintes melloras:

• Redución da xornada en 11 horas para 2023 e 11 horas en 2024.

• Aumento de 1 día máis de asuntos propios.

• Adaptación e mellora da nova normativa en materia de contratación.

• Incrementos salariais. Tendo en conta que a suba salarial de 2021 foi dun 4,5%, as subas pactadas son as seguintes:

  •       2% en 2022
  •       3% en 2023
  •       2, 5% en 2024 Introdúcese unha cláusula de revisión salarial que se negociará ao final da vixencia e partirá dun mínimo dun 2%

• Novo complemento de garda: Retribúese con 240 mensuais ou 60€ semanais, con independencia do Grupo Profesional ao que se pertenza, e a activación efectiva da garda será a partir dos 20 minutos de chamada.

• Permítese a acumulación de horas sindicais.

• Finalmente comprométense as partes para negociar, no prazo de 6 meses desde a publicación do Convenio, a regulación do teletraballo e a desconexión dixital Madrid, ao 7 de xullo de 2022.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.