Publicada hoxe en DOG a resolución que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2021.
Valoraranse, os méritos por servizos prestados nas categorías profesionais laborais declaradas equivalentes polo Decreto 165/2019, de persoal funcionario das escalas de persoal funcionario:
- Escala de veterinarios (A1-2067)
- Escala de ciencias, especialidades de bioloxía (A1-2068) e química (A1-2069),
As puntuacións totais podes consultalas no portal web corporativo da Xunta de Galicia:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
RECLAMACIÓNS:
- Prazo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
- Ante: Comisión Permanente (D.X. da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
- Xunto coa reclamación achegarase:
- Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo o modelo anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
- Servizos centrais:
- Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo, da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.
- Servizos periféricos:
- Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
Unha vez realizadas as emendas procedentes, daráselles publicidade ás puntuacións definitivas mediante a publicación da oportuna resolución no DOG.