Sectores

Constituída a mesa negociadora do ensino privado non concertado

Constituida a mesa negociadora do ensino privado non concertado

O pasado 8 de xuño de 2021 constituíuse a Mesa Negociadora do XI Convenio Colectivo Nacional de centros de Ensino Privado de réxime xeral ou ensino regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.

UGT Servizos Públicos, cun total de 180 delegados, acreditou un 23,25% dos representantes dos traballadores na Mesa Negociadora.

UGT quere poñer de manifesto o seu compromiso coa defensa da negociación do Convenio Colectivo para mellorar os dereitos de todos os traballadores e, buscará os acordos sempre que merezan a pena.

UGT Servizos Públicos manterá a súa firmeza na defensa das súas conviccións para beneficio da totalidade dos traballadores dos centros de Ensino Privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.

Constituída_a_Comisión_Negociadora_do_XI_Convenio_Colectivo_Nacional_de_centros_de_Ensino_Privado.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.