UGT recoñece o traballo desenvolvido polo persoal da EGAP do que dan conta os informes recibidos e a exposición da Directora da Escola.
UGT tamén valora que no informe de contas do ano 2022, todas as ratios financeiras de fondo de manobra, ratio de solvencia e de garantías son superiores as cifras recomendables e aumentou o patrimonio neto, polo tanto un resultado de explotación positivo e unha situación mellor que en 2021. Pero UGT observa e solicita aclaración sobre as causas da redución de -68.040 euros en gastos de persoal funcionario e o incremento en 148.769,08 en persoal laboral.
Incide UGT na revisión da RPT.
UGT sinala que as accións formativas en materia de igualdade sobre o total da formación continua representan o 3,7%, e en materia de violencia de xénero o 3,9%, polo tanto non acadan o 8% do total das accións, pero a porcentaxe baixa ao 6,48% si observamos o total de empregados e empregadas públicas que recibiron formación, 2.264 sobre o total de 34.901.
As medidas do Plan de Igualdade da Administración Xeral da Xunta de Galicia contemplan a formación en igualdade de ingreso e a formación media e superior para o seu persoal en Unidades de Igualdade, polo tanto a programación da EGAP ten que aumentar as accións de formación básica e implementar a media e superior para dar cumprimento o referido Plan. Así mesmo debe poder facilitar os datos de formación continua e de formación en igualdade e de violencia de xénero do persoal da AXXG, xa que a diagnose do Plan de igualdade carece de estes datos porque a EGAP non dispoñía dos mesmos desglosados para a AXXG.
No referente á modificación de criterios de puntuación para o acceso a formación continúa que aplicou a EGAP, en concreto á puntuación adicional para empregadas e empregados públicos con conciliación que minorou do 20% o 5%, e que foi cuestionada polas organizacións sindicais na pasada reunión deste Consello Reitor da EGAP, e interesa saber si procederá á súa revisión xa que tamén se valora no Plan de igualdade.
A Directora da EGAP responde que:
- As modificacións de gastos de persoal laboral derivan de execucións de sentenzas de conversión en persoal laboral da EGAP de persoas que traballaban para a EGAP, e non tiñan a condición de persoal empregado público.
- A redución de gastos de persoal funcionario é por vacantes.
- A revisión da RPT se tramitará en breve.
- Sobre as cuestións formuladas por UGT, dúbida que sexan propias das funcións deste Consello, non entende que interese pode ter desglosar o persoal da AXXG para o Plan de igualdade e refire que realiza as accións de formación en igualdade do Convenio da EGAP que subvenciona e estima pertinentes a Consellería de emprego e igualdade.
UGT sorpréndese, de forma maiúscula, ante as afirmacións da Directora sobre o convenio coa Consellería de Emprego e Igualdade que executa fondos finalista do Estado xa que parece deducirse que da cota de formación dos empregados e empregadas públicas da Xunta de Galicia, non se dedica nada á programación de accións en materia de igualdade ou violencia de xénero.
UGT aclara que o ámbito de aplicación do Plan de Igualdade da Xunta de Galicia é o persoal da AXXG, e que non se pode incluír a formación de persoal de outras administracións que non pertencen a dito ámbito de formación.
O Presidente do Consello reitor, o Conselleiro de Facenda e Administración Pública, refire que as medidas contempladas en dito Plan de igualdade desenvolveranse e cumpriranse.
UGT solicitará ampliación da información sobre que tipo de contratos que non eran da EGAP, son os que agora se inclúen e incrementan o gasto, posto que, supostamente non estaban incluídos nos gastos de persoal e derivan en sentenzas que os transformaron en contratos indefinidos da EGAP?????, e o alcance de dita situación e si é un suposto de responsabilidade debida en aplicación do artigo 28 da LEPG?.