Sectores

Consello Reitor da EGAP (22.12.2025)

Preside a sesión do Consello Reitor da EGAP o Conselleiro de Facenda e Administración Pública, D. Miguel Corgos López-Prado.

A Directora dá lectura dos Informes remitidos sobre os puntos da orde do día: a seguir ábrese unha quenda de intervencións sobre toda a súa exposición.

UGT reiteramos que estas reunións no deberían ter caracter descritivo sobre os datos xa escritos no Informe remitido e debería facerse outro tipo de análise. A convocatoria e documentación debería enviarse coa antelación necesaria contado días hábiles.

Sobre o resumo de actividades, UGT SP valoramos que:

  • En termos comparativos o cadro de resumo xeral de 2025 reflicte un incremento no número de edicións e de prazas con respecto o ano anterior; suben as actividades mediante convenio; tamén sube a formación continua da EGAP; e as prazas de formación inicial en prevención de riscos, aínda que reducindo a unha soa edición.
  • Sube a formación presencial e a formación en liña representa o 80% (en 2024 era o 86%).
  • A media de solicitude por praza sube lixeiramente a 2,99 por praza, aínda que subiu o número de prazas, sendo moi alto o número de solicitudes por praza en igualdade e prevención violencia de xénero co 6,26, seguida de idiomas co 5,56, linguaxe administrativa co 5,46, administración autonómica 4,71, e o Instituto de Economía Pública, que sube a 5, 53. En formación ComDix baixa a 3,98 cando era en 2024 de 7,84.
  • A valoración da formación segue con puntuacións similares, sendo a mellores puntuacións en xeral as das actividades monográficas.

Sobre as actividades previstas para 2026:

  • Linguaxe administrativa: haberá 5 edicións máis de medio (125 prazas máis) e 1 máis de superior (25 prazas adicionais). Será insuficiente e a ratio de solicitudes por praza continuará alta.
  • Formación en igualdade e prevención da violencia de xénero: sube algo as edicións (4 máis) e prazas, pero se manten en 8 o número de edicións do curso básico e en 400 o número de prazas e igual sucede con curso medio (mantense 1 soa edición e  50 prazas), de xeito que segue ralentizado o cumprimento do Plan de Igualdade da AXXG nesta materia.
  • Perpectiva de xénero en PRRLL: valoramos que se atendera á inclusión destes contidos e se dé continuidade, pero pasar de 1 a 2 edicións en 2026 é insuficiente e terá un efecto moi limitado.
  • Idiomas: soamente se sube unha edición en nivel básico de inglés e portugués, polo que a ratio solicitude/praza seguirá alta en 2026.
  • Com Dix: baixan as edicións e número de prazas Com Dix iniciación e suben en intermedio; baixan de 6 a 4 as probas de acceso, certificación, iniciación e se incluen 4 probas e 500 de certificación nivel intermedio.
  • Formación por Consellerías, Xustiza, PTXAS Universidades …..a Dirección da EGAP reitera sempre que é o que propoñen as Consellerías; enténdese que as novidades ou continuidade de cursos haberá que debatila noutro ámbito, pero non o hai.

Execución presupostaria

Suben os gastos correntes e os investimentos reais con respecto e 2024, preguntamos cal é a causa??. A previsión de gasto de persoal para 2026 é dun incremento do 2,44% sobre o orzamento de 2025.

A Directora manifesta que «con carácter xeral, toma nota; son moitas as cuestións que se plantexan». Informa que moitas das actividades que se ten previsto celebrar van puntuar para a carreira profesional, polo que se pode esperar razonablemente que se rexistre un incremento moi sensible da demanda. Respecto ao carácter presencial ou non das actividades, indica que se deixa a criterio das persoas encargadas da docencia valorar cal é a modalidade máis pertinente en cada caso. Respecto ao resto de cuestións, remítese a unha resposta por escrito que se compromete a enviar. Solicita votación e apróbase o orzamento para 2026, que contempla un incremento do 1,05%, situándose en 5.120.655 €.

UGT SP expresamos o noso recoñecemento ao traballo do persoal da EGAP polo volume e calidade do traballo desenvolvido, insistindo na necesidade de que a actividade da EGAP incorpore a formación específica do persoal empregado público e a formación para a promoción interna, carreira profesional e acceso, e cumpra coas previsións do Plan de Igualdade. Tamén demandamos expresamente que se teña en conta no deseño da planificación dos próximos exercicios a formación requerida na futura avaliación do desempeño para a progresión e carreira profesional do persoal empregado público nas administracións de Galicia.