Sectores

Consello de Contas: Consolidación C2 convocatoria segundo exercicio


 

Publicada hoxe en DOG a Resolución do tribunal designado do proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020, que se fai público:

A hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo:

  • Día: 13 de novembro de 2021.
  • Horario de chamamento: 00 horas.
  • Lugar: Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, situada na avenida Dr. Ángel Echeverri s/n, 15782 Santiago de Compostela.

IMPORTANTE:

  • Os aspirantes deberán ir provistos de
    • DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal
    • Lapis do núm. 2 e goma de borrar.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con:
    • Teléfonos móbiles
    • Reloxos intelixentes
    • Axendas electrónicas
    • Ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio.
    • Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
  • As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas da COVID que se publicarán na páxina web do Consello de Contas de Galicia.

Informa_t_convocatoria_2_exame_consolidacion_C2.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.