Sectores

Documentación para negociación na Consellería de infraestruturas e mobilidade

 

 Consellería de infraestruturas e mobilidade documentación para negociación:

  • Promoción interna subgrupo c1 escala de axentes de inspección:
    • Especialidade vixilancia de estradas
    • Especialidade de vixilancia do dominio público hidráulico
  • Modificación da rpt da epe augas de galicia

Achegamos a documentación remitida pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a negociación das seguintes cuestións:

  • Borrador da proposta de temario para o desenvolvemento da promoción interna regulada no punto 3º do Acordo asinado o 11 de xuño de 2018 (DOG nº 235, do 11 de decembro) entre a Xunta de Galicia e organización sindicais Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, Confederación Intersindical Galega e Central Sindical Independente e de Funcionario de Galicia, sobre o persoal laboral da Axencia Galega de Infraestruturas e ADDENDA asinada o 10 de decembro de 2019
  • Borrador da proposta de temario para o desenvolvemento da promoción interna regulada no punto 3º do documento de Proposta de actuacións a desenvolver entre a Administración e as organización sindicais relativas ao persoal laboral da gardería fluvial da EPE AUGAS DE GALICIA
  • Modificación da RPT da EPE AUGAS DE GALICIA: memoria xustificativa e listaxe de equivalencias de persoal funcionario, laboral e directivo

Agardamos as vosas achegas no enderezo:

sindicato-uxt@xunta.gal

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.