UGT ven de interpoñer conflito colectivo en procura do defendido na negociación da OPE de estabilidade coa Empresa SEAGA.
Durante esa negociación coa Empresa e logo no ámbito da Mesa Xeral de persoal empregado público, no momento da aprobación da OPE extraordinaria ligada á Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e publicada en DOG por medio do DECRETO 79/2022, do 25 de maio, o pasado 30 de maio de 2022, UGT anunciaba que:
Previsiblemente, dita OPE non aclaraba a realidade dos postos a ofertar, en tanto que non se identifican claramente aqueles postos afectados pola disposición adicional oitava da norma estatal, que regula: “Adicionalmente, os procesos de estabilización contidos na disposición adicional sexta incluirán nas súas convocatorias as prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal cunha relación, desta natureza, anterior ao 1 de xaneiro de 2016.”
Entende UGT que en aplicación da Lei 20/2021, deben ser ofertados, acolléndose a esta disposición os últimos postos cubertos de xeito temporal á entrada en vigor da citada norma.
Non procede, polo tanto, querer ou pretender burlar a norma reincorporando ao persoal a un contrato anterior que se mantiña suspendido de mutuo acordo entre as partes, evitando así convocar as prazas de todo o ano ao abeiro dos procesos selectivos polo sistema de concurso que deben desenvolverse en SEAGA.
Esperamos acadar unha solución xusta para o persoal, e ligada á literalidade na norma ditada polo Lexislador.