Sectores

Comisión de Seguimento das condicións de traballo dos Axentes Forestais e Medioambientais

O pasado día 3 tivo lugar a Xuntanza da comisión de seguimento do acordo da consellería do Medio Rural, da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da consellería de Facenda e Administración Pública sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais, na que se trataron os seguintes puntos:

PROCESOS SELECTIVOS

O Director Xeral da Función Pública informa que esta mesma semana sairá a lista de admitidos do Concurso da Lei 20/2021, para as dúas prazas no grupo C1.

Por parte das forzas sindicais pregúntaselle o porque de non saír as 13 prazas previstas para o Concurso no grupo C2, ao que o DX alega que é un grupo que está a extinguir e non procede que se faga esta convocatoria, pero que lle vai dar unha volta…

OFERTA EMPREGO PÚBLICO

O DXFP di que a OPE 2018 con 18 prazas e a OPE 2022 con 38 prazas serán ofertadas nun próximo proceso selectivo que se negociara entre xullo e setembro 2023, e que valorará incorporar a este proceso a OPE de 2023 na que se prevé un número por encima de 40 prazas convocadas que permita incorporar funcionarios ao 100% das prazas vacantes existentes.

Por parte das organizacións sindicais inténtase persuadir ao DX de que a convocatoria sexa polo sistema de concurso-oposición, encadrado no grupo B e que se valore todos os grupos iguais que conforman a escala, C1 e C2 xa que realizan a mesma funcións, e que se convoque promoción interna tamén, e unha nova convocatoria no 2024. A isto responde que as prazas teñen que encadrarse non C1 e que recolle o da puntuación.

SEGUIMENTO DO ACORDO

O DXFP afirma que está acadado no 95% dos seus termos e que non se puideron facer as reunións de seguimento antes polo tema do COVID, e que a Lei Básica Estatal paralizou o desenvolvemento do regulamento de Axentes.

As organizacións sindicais expuxemos que non estaba cumprido o acordo, xa que había varios membros da escala de axentes ambientais dentro de AGACAL aos que non se lle fixera efectiva a suba de niveis e complemento específico acordada.

Que estaba sen desenrolar o regulamento do paso a 2ª actividade de axentes maiores de 60 anos e un acordo especifico para o persoal das Illas Atlánticas, o regulamento de funcións que podería desenrolarse independentemente da lei estatal a que podería readaptarse unha vez publicada esta.

O plan de formación que non estaba sendo desenvolto pola DX de Patrimonio Natural e DX de Planificación e Ordenación Forestal

O DXFP comprometeuse a que a partir de setembro se retomen as reunións polo desenvolvemento do regulamento, que descoñecía o dos axentes de AGACAL e que o estudaría, que retomarían o texto en breve para negociación dun acordo para os traballadores das Illas Atlánticas e enviaría un texto antes do remate da sema no referente a 2ª actividade para volver a negociación.

CONCURSO DE TRASLADOS

Neste mes negociaran as bases xerais e sairán por escalas tendo prioridade as que máis tempo levan sen concurso ou son concursos máis complicados por participar varias escalas para os mesmos postos A1/A2.

PRAZAS DO AGACAL

Se lle lembra por parte de UGT que as prazas de AGACAL quedan vacantes sen cubrir, xa que teñen unha retribución moi baixa con respecto as outras da escala, e que cumpren as funcións que no artigo segundo do acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais da Orde de 3 de outubro de 2019, se describen para xustificar a subida de niveis e complemento específico como así o demostra informes de persoal directivo de AGACAL.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.