Ante a nota que circula por algún grupo en redes sociais, ao parecer difundida por persoas vinculadas a unha organización sindical, cuxo contido reproducimos, creemos que é necesario dar resposta coas informacións oficiais das que dispoñemos.
A nota ten o seguinte contido:
“Rumores de Función Pública:
Ojo! Son rumores, hay que tomárselo con toda la cautela
👇👇👇👇👇
La elección de las plazas de concurso en junio
Los que están en provisional del 2021 finales en Junio
Los de provisional de finales de 2024 en julio
Los de estabilización en septiembre
Y todas las tomas de posesión una vez que hayan elegido todos se harán a la vez en tres días en septiembre.”
Podemos informar, logo de consultar a Emprego Público, que non existe ningún “cronograma” sobre a previsión de eleccións de destino en provisional, nin sobre as tomas de posesión.
Hoxe publicouse en DOG a elección de postos dos concursos de trasladados de varias escalas (enxeñarías, arquitecturas e ciencias). Todo parece indicar que en datas próximas irán publicándose o resto de fases dos concursos xa convocados e que se publicarán os que faltan (persoal veterinario, escalas de Política Social, entre outros).
O anterior é o único certo, repetindo que NON EXISTE NESTES MOMENTOS EN EMPREGO PÚBLICO, NIN PREVISIÓN REAL NIN CRITERIOS SOBRE AS ELECCIÓNS DE DESTINO NIN TOMAS DE POSESIÓN DOS PROCESOS DERIVADOS DA LEI 20/2021.
En calquera información seria se identifica quen a difunde. Os bulos, noticia falsa ou invento como esta nota non aparece asinada por parte do seu inventor/a, sexa organización ou pseudorganización. É fácil lanzar este tipo de novas sen ter ningunha veracidade e responsabilidade baixo o anonimato, pero o único que consegue é xerar incertezas e desacougo e xogar coas sensibilidades das persoas implicadas nos procesos selectivos e de provisión.