Publicada hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

A relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso de traslados publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/concursode-traslados

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo á resolución.

EMENDAS Á LISTAXE

  • Prazo de emendas:
    • 10 días hábiles a partir do 01/03/25.
  • O formulario de reclamación:
    • Estará a disposición das persoas interesadas en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions

  • Debe cubrirse e presentarse electronicamente.
  • Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso dispoñen do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.
  • A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.
  • As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas