Na Mesa Sectorial de Educación de hoxe comezamos tratando:
1. Orde pola que se convoca concurso de traslados de orientación.
Dende UGT Servizos Públicos reiteramos:
- A necesidade de actualización da rede de orientación educativa porque debe apostarse por unha mellor atención á diversidade eliminando as prazas de orientación compartida e a negociación das prazas nas Xuntas de Persoal provinciais.
- Retirar o requisito de estar dous anos dende a toma de posesión do último destino definitivo para a participación nos concursos específicos.
Administración: requisito de dous anos para a participación dende o último destino definitivo manterase nesta convocatoria. Trasladarase a servizos xurídicos a posibilidade de retirar este requisito en vindeiras convocatorias.
- Respecto ós criterios para adxudicación de postos de xefatura, parécenos inviable que un docente itinerante en máis de dous centros educativos a poida asumir. Deben adxudicarse os postos de xefatura con outros criterios.
- Nos CPI a tipoloxía do alumnado é diferente da dos outros centros polo que pedimos que haxa dous especialistas, un para as etapas de infantil e primaria e outro para a ESO.
- Nos CMUS non está contemplada a figura de Orientador/a. É unha mágoa que non se potencie o talento neste alumnado e haxa abandonos por falta de valoración de dificultades dos mesmos e por falta de apoio aos docentes dende un punto de visto psicopedagóxico,
- Por último solicitamos que se reforcen os departamentos de orientación coa dotación dun orientador a maiores naqueles centros que teñan máis de dúas liñas.
- En canto ó baremo demandamos engadir apartados específicos nos que se puntúen actividades relacionadas con atención á diversidade, publicacións específicas, formación en atención á diversidade e NEAE, impartición de cursos específicos, etc.
- No apartado 3 pedimos que se suba a puntuación a 15 puntos porque é importante que se prime a cualificación profesional dos docentes.
- No punto 4.3. de outras funcións docentes, entendemos que o máis xusto sería eliminar o límite de 5 puntos. O apartado 4 ten un máximo de 20 puntos e un director ou directora acadaría a puntuación máxima en 4 anos e o persoal sen cargo directivo só tería 5 puntos por traballar ó longo de toda a súa carreira.
- O punto 6.4. está desaparecido. Será un erro. Confirman que é un erro. Engadirase.
Administración: Non contemplan cambios no baremo.
- Por último, esta convocatoria afecta a 44 prazas das cales 19 son compartidas e 7 destas últimas con centros adscritos. Case un 50% das prazas compartidas e sumando a temporalidade dos especialistas de PT e AL e dos afín a PT e AL, só podemos sacar a conclusión de que a Administración non está apostando todo o que se debería pola atención á diversidade e á inclusión.
Administración: Revisarán plazas e posibles erros nas mesmas.
2. Orde pola que se convoca concurso de traslados de adultos.
- Reiteramonos nas peticións feitas no anterior concurso.
- Solicitamos que se engada o colectivo de funcionarios en prácticas no persoal participante.
- Pedimos que se puntúen todos os servizos prestados como docentes en ensinanzas de adultos en centros ordinarios.
- Transmitimos a petición do profesorado do carácter anual deste concurso específico de adultos.
- Comunicamos a falta dalgunhas vacantes como por exemplo a xubilación de Matemáticas na EPAPU Sta Mª de Coranza de Ferrol.
Administración:
- Revisarán vacantes.
- Participación de funcionarios en practicas: non consideran a participación polo carácter de prazas, que precisan maior experiencia. Pero revisarase.
- Informan de que a convocatoria destes concursos sairá publicada ao finalizar o prazo do CXT.
3.Rogos e preguntas:
- Pedimos novamente que se nos informe do estado de elaboración dos novos ROC para adaptar a realidade normativa, que permita uns criterios más homoxeneos de xestión e organización nos centros.
- Instruccións unánimes para a burocracia de cara ao inicio de curso, activar comisión de seguemento do acordo.
- Solicitamos información sobre cando se traerá á Mesa Sectorial o Plan de Igualdade da Consellería.
- Informamos da falta de axilidade na cobertura de baixas, sobre todo en CIFPs, con falta de substitucións dende fai máis de dúas semanas.
- PROENS: Os orientadores manifestan que o programa debería permitir o acceso ás programacións de distintos niveis do currículo .
Administración:
- ROC: non depende da Dirección Xeral.
- PROENS: depende de Dirección Xeral de Ordenación.
- Baixas sen cubrir: algunhas listas están esgotadas.
- Prazas de atención preferente: os rumores de desaparición destas son infundados.
- Permiso parental: Depende de Función Pública.