Publicada hoxe a resolución que abre o prazo posesorio dos postos adxudicados en virtude da resolución definitiva do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019.
A apertura do prazo de toma de posesión:
- Comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será:
- de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou
- de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
- O cesamento deberá efectuarse o día 6 de xuño de 2022.
- Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será vinte días hábiles e empezará a computarse o día 7 de xuño de 2022.