Sectores

Concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Xúntase a Orde do 21 de maio de 2024 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos.

  • O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria abranguerá desde o día 4 de xuño de 2024 ata o día 17 de xuño de 2024, ambos incluídos, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento normalizado ED013C.
  • Non se admitirá ningunha solicitude que non se presente por medios electrónicos empregando o procedemento normalizado ED013C.
  • As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude así como a folla de autobaremación que consta na sede electrónica no procedemento normalizado ED013C.
  • Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal en relación cos méritos que se pretenden alegar neste concurso específico mediante o enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais seleccionando a Convocatoria de prazas sometidas a convenio 2024 e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.

Orde do 21 de maio de 2024 (convocatoria) (DOG)

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.