Sectores

Concurso extraordinario: publicación oficial no DOG dos aspirantes aprobados

Vénse de publicar no DOG a relación das persoas que obtiveron praza no concurso extraordinario de méritos en Galicia. 

Esta publicación abre o prazo oficial de 20 días hábiles para que as citadas persoas, se non o fixeron xa, acheguen a documentación que se relaciona na base décimo quinta da Orde do 19 de outubro de 2022.  Deberana presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), mediante o trámite «Achega de documentación separada da solicitude», activado para estes efectos no procedemento normalizado código ED001B.

As persoas seleccionadas tamén están obrigadas a participar no CADP e a incorporarse ó destino adxudicado no prazo que se indique na resolución.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.