Sectores

CONCURSO DE TRASLADOS DE ADULTOS

ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados
específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de
catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo
de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do
corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de
educación de persoas adultas dependentes desta consellería.

As solicitudes de participación no concurso de persoas adultas e a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente (código de procedemento ED011A) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos de acordo co procedemento exixido nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Data en que deben reunirse os requisitos de participación e de méritos. Todos os requisitos que se exixen nesta convocatoria e os méritos que alegue o persoal participante terán que estar cumpridos ou recoñecidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As prazas adxudicadas con carácter definitivo neste concurso específico son irrenunciables, de maneira que as persoas seleccionadas deberán incorporarse e tomar posesión con data de efectividade do 1 de setembro de 2024, e cesarán, de ser o caso, no seu destino de procedencia o 31 de agosto.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.