Sectores

Concurso de traslados Axentes facultativos ambientais e Axentes forestais: apertura solicitudes eleccion de postos e xustificación de méritos e requisitos

SOLICITUDE DE ELECCIÓN DE POSTOS:

  • Durante o prazo indicado:
  • Podes solicitar por orde de preferencia os postos ofertados noanexo I da resolución de convocatoria, modificada pola Resolución do 5 de decembro de 2023, aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas.
  • A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública, no enderezo:
    https://www.xunta.gal/funcion-publica/concursode-traslados/
  • A solicitude de postos de traballo debes presentala electronicamente.
  • Entenderase que renuncias a participar no concurso si formulas solicitude de participación pero non presentas solicitude de elección de postos de traballo.
  • Méritos e requisitos específicos para o acceso aos postos deberán:
  • Posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso:
    22 de decembro de 2023.
  • Acreditarse de conformidade co procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
  • Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no dito procedemento.
    Si tes que presentar documentación acreditativa dos méritos valorables no concurso tes que achegala ao teu expediente persoal electrónico ao cal accedes a través de: https://fides.xunta.gal.
    o En Fides comproba os datos que figuran no teu expediente persoal electrónico:
    o Si estás conforme cos datos consultados non precisas realizar ningunha actuación.
    o De non estar conforme cos datos consultados, por non constaren ou estaren incompletos, debes incorporar a información non rexistrada presentando a solicitude de actualización dos méritos xunto coa documentación acreditativa ao abeiro do establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023.
    o Si atopas erros nos teus méritos nos estados de «en trámite», «validado», «duplicado» ou «descartado», podes presentar alegacións a través do formulario de reclamacións que está á disposición en:
    https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados, que debes cubrir e presentar electronicamente.
    PROCEDEMENTO ACREDITACIÓN DE MÉRITOS E REQUISITOS:
    o Os méritos que a 23/02/2024 estean incorporados no expediente electrónico no estado «acreditación documental incompleta» debes acreditalos para poder ser tidos en conta.
    o Para acreditar os méritos, presentarás a documentación que xustifique a totalidade do mérito rexistrado, (puntos 3 e 4 da instrución 8ª da
    Resolución do 5 de decembro de 2023).
  • Isto é:
    o Os documentos electrónicos orixinais ou copias electrónicas auténticas: o incorporaralas directamente no teu expediente electrónico persoal a través do enderezo https://fides.xunta.gal
    o Os documentos orixinais figuren en formato papel:
    o presentarás a documentación e o informe xerado en Fides, na pestana de actualización de méritos, de maneira presencial en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
    o O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta», rematará o 15 de marzo de 2024.
    o Os méritos e requisitos reflectidos no expediente electrónico persoal no estado de validados serán os que teña en conta a comisión de valoración do concurso e sempre referidos á 22 de decembro de 2023.
    o Non se terán en conta neste proceso outros méritos presentados polas persoas concursantes distintos dos que figuren no seu expediente
    persoal electrónico ou que se soliciten no expediente ou acrediten documentalmente con posterioridade a 15/03/2024.
    o Non se admitirá, despois do 15/03/2024, aos efectos de valoración para o concurso, ningunha nova documentación acreditativa de méritos,
    aínda que consten rexistrados na solicitude de actualización ou modificación do expediente persoal.
    o Excepción: a documentación que, xustificándoa documentalmente neste prazo, fose solicitada pola persoa interesada ao organismo ou entidade competente e non se recibise no indicado prazo. Neste suposto admitirase a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para a presentación de reclamacións ás puntuacións provisionais.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.