Sectores

Concurso de traslados: Administración Especial

Publicada resolución pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de:

  • Corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de:
    • Medicina.
    • Psicoloxía.
    • Pedagoxía.
  • Corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de:
    • Enfermaría.
    • Fisioterapia.
    • Traballo social.
    • Educador/a social.
    • Terapia ocupacional.
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de:
    • Gobernantes/as, especialidade gobernante/a.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de:
    • Auxiliares de clínica.

A RESOLUCIÓN:

Aproba a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas da Administración especial citadas.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe <concurso de traslados>.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

RECLAMACIÓNS:

  • PRAZO para emendar o defecto que motivou a exclusión ou si solicitaches participar e non figuras nin como persoa admitida nin excluida: 10 días hábiles, a partir do 23/10/25.
  • O formulario de reclamación:

– Deberá cubrirse electrónicamente

– A disposición das persoas interesadas en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions

A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

As persoas solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.