ÁREAS

Concentración en Compostela por un Convenio digno en Discapacidade

O martes, 12 de marzo, as persoas traballadoras dos centros e servizos de educación a persoas con discapacidade concentráronse en Santiago na defensa dos seus dereitos, para exixir condicións dignas que estén á altura da profesionalidade coa que prestan os seus servizos.

Á convocatoria, promovida por UGT-SP e CCOO, acudiron máis de 200 profesionais do sector fronte ás dependencias da Confederación de Empresarios de Galicia, para reivindicar, entre outras cuestións esenciais, a subida dos salarios por riba do SMI, o acceso á xubilación parcial, ou a negativa á absorción dos N1 e N2.

UGT-SP e CCOO apostan sempre pola vía negociadora, presentando propostas encamiñadas a mellorar as actuais condicións laborais dos profesionais de discapacidade, pero a inacción e desidia das organizacións patronais durante a negociación do XVI Convenio Colectivo empurra a iniciar unha campaña de mobilizacións se non se producen avances significativos.

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.