CONCENTRACIÓN POLOS SECTORES DE DISCAPACIDADE, INFANTIL 0-3 ANOS E CENTROS DE MENORES

Hoxe, 18 de decembro, a UGT-SP (xunto con outras OOSS en unidade sindical), concentrouse ás portas da Consellería de Política Social en Compostela para exixir unha reunión coa conselleira de Política Social e Igualdade que inicie un proceso negociador.

Esta mobilización prodúcese trala falta de diálogo e negociación da Administración ante a petición dunha reunión por parte das organizacións sindicais representantes dos sectores de atención ás persoas en Galicia. Así, UGT-SP exixe unha xuntanza á conselleira de Política Social para abordar temas tan importantes como a dignificación salarial, a mellora de ratios e a dotación de recursos nos sectores de discapacidade, menores e infantil 0-3 anos. Urxe que se abra unha vía de diálogo para mellorar as condicións de traballo dos profesionais dos tres sectores, así coma a calidade dos servizos.


Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.