Publicado hoxe en DOG o anuncio da oferta de emprego público para o ano 2021, aprobado pola Xunta do Goberno Local, coas seguintes prazas:
Prazas por promoción interna.
- 4 prazas de oficial da policía local, da escala de Administración especial, servizos especiais, policía local, grupo C1, 3 mediante concurso-oposición e 1 praza proverase mediante concurso de mobilidade.
- 2 prazas de auxiliar administrativos/as, da escala de Administración xeral, subescala administrativa C2.
- 1 praza de oficial sepultureiro/a, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.
- 1 praza de oficial cociñeiro/a, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.
Prazas por oposición libre.
- 2 prazas de policía local, da Administración especial, escala básica, categoría policía, subgrupo C1.
- 2 prazas de bombeiro condutor/a, da Administración especial, extinción de incendios, subgrupo C2.
- 1 praza de arquitecto/a, da escala de Administración especial, subescala técnica A1.
- 5 prazas de auxiliares administrativos/as, da escala de Administración xeral, subescala auxiliar C2, 1 praza reservada a quenda de persoas con discapacidade e 1 reservada a persoas con discapacidade intelectual.
- 1 praza de técnico/a educación infantil, da escala de Administración especial, subescala técnica B.
- 1 praza de oficial pintor/a en vías e obras, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.
- 1 prazas de operario/a en vías e obras, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, AP.
- 2 prazas de delineante/a, da escala de Administración especial, subescala técnica C1.
- 1 praza de técnico/a, da escala de Administración xeral, subescala técnica A1.
- 1 praza de oficial lector/a contador, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.
- 1 praza de enxeñeiro/a de camiños, da escala de Administración especial, subescala técnica A1.